Ir ao contido principal

Terapia psicolóxica en Santiago de Compostela

Habitarte con seguranza, presenza e conexión.

Terapia para quen sostén e está para todos, pero se esqueceu de si mesmo.

Funcionas. Cumpres. Segues adiante. Pero sentes que falta algo. Quizais sexa momento de escoitalo.

Quizais che soa

Identifícaste con algunha destas situacións?

  • Se me dedico tempo síntome culpable. Non me permito deixar de traballar. Autoesíxome moito e son moi perfeccionista.
  • Por fóra funciono e pareza estable, pero por dentro hai moito ruído.
  • Repito patróns e métome en relacións que me fan dano.
  • Dou moito nas miñas relacións, pero cústame recibir.
  • Sinto que o meu fillo/a está máis triste, medoñento, irritable ou inseguro/a, e non sei como axudarlle a xestionar o que lle está a pasar.
  • Ao meu fillo/a cústalle relacionarse con outros nenos e ten dificultades para facer amigos.

Especialidades

En que acompaño

Traballo con adultos, adolescentes e infancia. Trauma relacional e apego, TDAH e TEA, xestión emocional, habilidades sociais, duelo e orientación vocacional. Cada proceso adáptase ás túas necesidades.

Ver servizos →

Sobre min

Retrato de Aida Aldrey

Ola, chámome Aida. Son Psicóloga Sanitaria especializada en trauma relacional, apego e trastornos do neurodesenvolvemento (TDAH e TEA). Acompaño a nenos, adolescentes e adultos que viven dende a ansiedade, o medo ao abandono, a autoesixencia ou o autoabandono a sandar dende a raíz e a volver a sentirse seguros. En terapia crearemos un espazo de confianza para entender a túa historia, sandar patróns e volver a atoparte contigo.

Traballo dende un enfoque integrador e somático que combina ACT, TCC, EMDR, IFS e terapia sistémica, cunha base na teoría do apego e do trauma.

O máis importante para min é que cada persoa poida saír de terapia con algo que ninguén lle pode quitar: a capacidade de sosterse a si mesma. Que poida comprender o que sente, escoitalo sen medo e deixar de vivir as súas emocións como algo que ten que controlar, evitar ou combater.

Escríbeme

Se algo do que leiches che resoou, escríbeme.

Cóntame que che pasa e axendamos unha primeira sesión.